Arquivo da categoría: Novas

Entroido Quente 2018

11º edición Entroido Quente

Entroido Quente Maceda 2018
Entroido Quente Maceda 201811º Edición do Entroido Quente

O pasado 21 de Xullo de 2018 celebrouse a 11º edición do Entroido Quente en Maceda que comezou no parque do Toural ás 17h. co chupinazo de saída do popular “Ralli do Humor” cas divertidas probas polas rúas de Maceda, ca participación de 24 equipos: “Yabadabadu”, “Los Dioses”, “Haway”, “Angeles Haway”, “Chicanos e Hervellas”, “Danzarinas”, “Corres ti”, “Bea Santa Tecla”, “Discordia”, Xunqueira I”, “Xunqueira II”, “Eclipse”, “Pis and Love”, Haway Haway”, “Non nos aclaramos”, “Oliver Bensi”, “Tropicana”, “A guapa, o feo, a mala”, “V.G.I.”, “Os Morenos Team”, “Os Unicornios”, “Las panes y miles”, “Tauteam” e “Paula” loitando polo éxito.

Os equipos participantes tiñan que localizar e facer contrarreloxo as probas segundo as pistas que ian recibindo ata completar as oito probas e puntuando en cada unha delas. Ás probas nas que o nexo común era o bo humor foron este ano: “Cabezbolo”, “Boca a boca”, “Bolboreta”, “esvarosqui”, “obstaculos”. “Volando vou”, “Levanta o Pau” e “Pablo Escobilla”. Despois do reconto de puntos os dous equipos de mais puntuación xogaron un divertido partido de futbol no que resultou gañador do Entroido Quente 2018 “Os Morenos Team”.

O terminar o Ralli demos unha volta en plan desfile festivo polas rúas de Maceda acompañados da charanga “BCB” que animaron durante toda a xornada co seu bo facer musical e divertido.

Continuamos a festa ata altas horas da madrugada cos concertos gratuítos programados a partir das 24 h. e na compañía de “Ménage á Trois”, “MFC Chicken”, “Raúl&Cia” e a “Charanga BCB

Camiseta Entroido Quente 2018
Camiseta Entroido Quente 2018

O principal fonte de ingresos e a venda da camiseta do Entroido, e gracias a tod@s os q xa a compraste!!! e a colaboración de todos no bar da festa.

Xa sabedes colaborade e mercar a camiseta 2018

 

 

 

A asociación ” O Cruceiro ” ampliando o entroido e seguindo a tradición no verán recollendo música, bo humor, e festa

.

Entroido Quente en Imaxes

Entroido Quente 2017

Entroido Quente 2017
Entroido Quente 2017

Décima Edición do Entroido Quente

O pásado 29 de Xullo de 2017 Entroido Quente en Maceda cunha edición especial para conmemorar estes dez anos de Festa co seguinte horarío:

Ás 17 h. comezamos o Ralli do Humor cas divertidas probas polas rúas de Maceda saindo dende o Parque do Toural, ca participación de 24 equipos loitando polo exito.

O terminar o Ralli demos unha volta en plan desfile festivo polas rúas de Maceda.

Continuamos a festa ata altas horas da madrugada cos concertos gratuítos programados a partir das 23 h. e na compañia de “La Trocamba Matanusca”, “O Sonoro Maxín” e “UltraQans”.

Maceda, capital do Entroido. Entroiidoooo Quenteeee que xa estas aquiiiii….

Non podes faltar, si non viñeches nunca visita a nosa web e mira as imaxes das edicións anteriores.

A asociación ” O Cruceiro ” ampliando o entroido e seguindo a tradición no verán recollendo música, bo humor, e festa e consolidando o Entroido Quente como cita indiscutible nas festas do verán.

Esta organizado pola  “Asociación O Cruceiro” e colabora o Concello de Maceda, A Cervexería, Casa Rosa, Pagas Tú, O Pincho, Bar 2000, Pizzería A Sala, Discoteca Discordia, Umpalumpa, Seguros Helvetia, Zona Viños Ourense, Bar Ideas e Bar Faíscas.

Foto Camiseta Entroido Quente 2017
Foto Camiseta Entroido Quente 2017

O principal fonte de ingresos e a venda da camiseta do Entroido, e gracias a tod@s os q xa a compraste!!! e a colaboración de todos no bar da festa.

Xa sabedes colaborade e mercar a camiseta 2017

Entroido Quente en Imaxes