Entroido Quente 2016

Entroidoquente 2016
Entroidoquente 2016

Maceda, capital do Entroido. O Entroiidoooo Quenteeee chegouuu….

O 23 de xullo de 2016 as 17 h. co chupinazo que deu comezo o Rally de Humor no que os participantes deben pasar por varias probas nas rúas de Maceda. Este ano os 24 grupos participantes respondian os seguintes nomes: “Molgas I”, “Estrelladas”, “Dando guerra”, “As do Reconco”, “Aguadillas”, “Nube Quinta”, “Los demonios del angel”, “As primas”, “Molgas II”, “Purpurina”, “Kostras da morte”, “Alkaeta”, “Rio mola”, “As cientificas”, “Rockys”, “As Chuchis”, “The Twister van”, “Pintorescas”, “Camuflados”, “Maribu con piña”, “Piña busca colador”, “Trio calatraba”, “Os fua” y “Telezco” que recorreron acelerados as rúas de Maceda co fin de obter o maior número de puntos nas seguintes probas: A pescar”, “Va de Metros”, “Rosquilleira”, “Onda Vaselina”, “A pleno pulmón”, “Gran torre”, “Muerde la Pasta” y “Ninja”.

Ás 20 h. mp “O Toural Square” desenlace ca proba final do “Tragabolas” e a continuación desfile amenizado pola charanga BCB, a través das rúas da localidade para regresar o Toural e disfrutar da paella.

Xa para continuar a festa,  ás 23h. concertos de Superoito”, “Liska” e “Cuchufellos” que fixeron que danzasemos ata altas horas.

A asociación ” O Cruceiro ” ampliando o entroido e seguindo a tradición no verán recollendo música, bo humor, e festa e consolidando o Entroido Quente como cita indiscutible nas festas do verán.

Esta organizado pola  “Asociación O Cruceiro” e colabora o Concello de Maceda, A Cervexería, Casa Rosa, Pagas Tú, O Pincho, Bar 2000, Pizzería A Sala, Discoteca Discordia, Umpalumpa, Seguros Helvetia, Zona Viños Ourense, Bar Ideas e Bar Faíscas.

Camiseta Entroido Quente 2016
Camiseta Entroido Quente 2016

O principal fonte de ingresos e a venda da camiseta do Entroido, e gracias a tod@s os q xa a compraste!!! e a colaboración de todos no bar da festa.

Grazas, grazas e mais grazas. A toda a xente que perdeu onte o seu tempo en vir botar un baile ao parque do Toural.Grazas aos mestres paelleros (rubén e javi) e a toda a súa banda; grazas às amigas e amigos que botaron unha man nas probas e na barra sen pedir nada a cambio; grazas ao Grego que sen el non sería esto posible; grazas aos do Cruceiro…..que no fondo sempre estamos aí; grazas á charanga, son e aos grupos por facernos brincar; pero sobretodo…… grazas a vòs. O ano que ven facemos dez.anos……xa estamos traballando nel jajaajajajaja

Fotos da novena edición: