Entroido Quente 2019

12º edición Entroido Quente

Cartel Entroido Quente 2019

O pasado 27 de Xullo de 2019 celebrouse a 12º edición do Entroido Quente en Maceda que comezou no parque do Toural ás 17:30 h. co chupinazo de saída do popular “Ralli do Humor” cas divertidas probas polas rúas de Maceda, ca participación de 24 equipos: “Xunqueira”, “Malamente”, “Trollins Stones”, “Trolle Mons”, “Casa Mary”, “Os Monchitos”, “Irmá do Casas”, “Telepubis”, “Os Pukiks”, “Los Chicos de Javi”, “Dame Un Like”, “Paparrachá”, “Alméida cara Polla”, “Corre Plátano”, “Sex Pixtols”, “Tukulito Kawasana”, “Futbolisimos I”, “As mulleres do Saco”, “Compañeiros da Metelurgica”, “Futbolisimos II” e “MacedaDanux” loitando polo triunfo.

Os equipos participantes tiñan que localizar e facer contrarreloxo as probas segundo as pistas que ian recibindo ata completar as oito probas e puntuando en cada unha delas. Ás probas nas que o nexo común era o bo humor foron este ano: “o aceitunero”, “fariña”, “o globo tren”, “tuerking”, “a pleno pulmón”. “bate que bate”, “master chof” e “xabón lagarto”. Despois do reconto de puntos os dous equipos de mais puntuación xogaron un divertido partido de fútbol no que resultou gañador do Entroido Quente 2019 “Os Morenos Team”.

O terminar o Ralli demos unha volta en plan desfile festivo polas rúas de Maceda acompañados da charanga “BCB” que animaron durante toda a xornada co seu bo facer musical e divertido. Continuamos a festa ata altas horas da madrugada cos concertos gratuítos programados a partir das 24 h. e na compañía de “Festicultores Troupe”, “Mad Martín Trío” e a “Charanga BCB” ca ausencia de última hora de “Los Vecinos del Callejón” que non puideron asistir.

A batalla de Galos:

Tamén este ano contamos ca 1ª edición de “Batallas de Gallos” onde houbo unha quenda clasificatoria no parque dos Cabaceiros e a gran final no escenario principal do entroido Quente as 23 h.

Dous premios dotados con 100 euros o primeiro e 50 euros o segundo.

Concerto de Nick el Pirata

Tamén contamos cunha exhibición de graffity Podedes ver o que alí aconteceu no seu canle de Youtube: https://www.youtube.com/channel/UC1yIeABsax9XWs1-GHPwtuw

Camiseta Entroido Quente 2019

O principal fonte de ingresos son por unha parte os ingresos do bar e por outra a venda da camiseta do Entroido, e gracias a tod@s os que a comprastedes !!! e a colaboración de todos no bar da festa.

Xa sabedes colaborade e mercar a camiseta 2020

A asociación ” O Cruceiro ” ampliando o entroido e seguindo a tradición no verán recollendo música, bo humor, e festa.

13:00 h. Sesión vermú coa “Charanga a Felga
17:00 h. 12 edición do Ralli do humor
20:00 h. Pasarrúas coa “Charanga BCB
23:00 h. Final Batalla de Galos Maceda
24:00 h. Concertos:
Los Vecinos del Callejón
Festicultores Troupe
Mad Martín Trio.

Acampada libre nas piscinas Municipais

Recorda o Vivido…