Entroido Quente 2022

13ª Edición

Cartel Entroido Quente 2022
Cartel Entroido Quente 2022

O pasado 30 de Xullo de 2022, despois de 1099 días por fin chegou a 13ª edición do Entroido Quente en Maceda.

Había moita ganas de festa e eso fixose patente ca cantidade de asistentes durante o dia e a noite, participando nas probas, o bo humor reinante, a xente acompañando disfrazada e esquecendo o día a día.

Grazas a todos os que o fixeron posible, dende patrocinio, axudas, colaboradores nas probas, participantes e todo aquel que se achegou a esta festa para disfrutar e pasalo ben.

Ralli do Humor

Comezamos recibindo os participantes do «Ralli do Humor» no parque do Toural ás 16:00 h. para dar o chupinazo de saída do popular “Ralli do Humor” 17 h.

As divertidas probas polas rúas de Maceda, ca participación de 22 equipos: «Puerto Dindios», «Ramón Cabanillas», «Locomía», «Biciclistas», «Xunqueira no mola», «Arnuide non mola», «Maceda mola», «Carguizoi non mola», «Os netos da Carmen», «Meigas», «Peliqueiras», «Caribean Porn», «Zumba», «Candonga», «Lambecricas», «Siaras Team», «Drintin», «Superchibillos», «Chimichurri», «Scouz», «Por los pelos» e «Perro Sandez» loitando polo triunfo.

Os equipos participantes tiñan que localizar e facer contrarreloxo as probas segundo as pistas que ian recibindo ata completar as oito probas e puntuando en cada unha delas por distintos establecementos de hostelería colaboradores co Entroido Quente.

Despois do reconto de puntos os dous equipos de mais puntuación unha proba de «tira da corda» sobre chan… resbaloso…

O terminar o Ralli demos unha volta en plan desfile festivo polas rúas de Maceda acompañados da charanga “BCB” que animaron durante toda a xornada co seu bo facer musical e divertido. Continuamos a festa ata altas horas da madrugada cos concertos gratuítos programados a partir das 24 h. e na compañía de “Festicultores Troupe”, “Mad Martín Trío” e a “Charanga BCB” ca ausencia de última hora de “Los Vecinos del Callejón” que non puideron asistir.

A batalla de Galos:

Tamén este ano contamos ca 2ª edición de “Batallas de Gallos” onde houbo unha quenda clasificatoria no parque dos Cabaceiros e a gran final no escenario principal do entroido Quente as 23 h.

Dous premios dotados con 100 euros o primeiro e 50 euros o segundo.

Concertos

Xa pola noite, a partir das 12 h. a final da batalla de galos e os concertos cobraron o protagonismo do parque, en especial o Rapero Local «O Pirata» e os seus compañeiros de improvisación Ruso e Chen foron os encargados de abrir a noite, continuando ca música de «Sondarúa» e «Farra Fanfarra» e seguindo esta xa tradicional festa.

Camiseta Entroido Quente 2022

O principal fonte de ingresos son por unha parte os ingresos do bar e por outra a venda da camiseta do Entroido, e gracias a tod@s os que a comprastedes !!! e a colaboración de todos no bar da festa.

Xa sabedes colaborade e mercar a camiseta

A asociación ” O Cruceiro ” ampliando o entroido e seguindo a tradición no verán recollendo música, bo humor, e festa.

13:00 h. Sesión vermú
17:00 h. 12 edición do Ralli do humor
20:00 h. Pasarrúas coa “Charanga BCB
23:00 h. Final Batalla de Galos Maceda
24:00 h. Concertos:
O Pirata
Sondarúa
Farra Fanfarra

Acampada libre nas piscinas Municipais

Recorda o Vivido…

Video Entroido Quente 2022

Recordo fotográfico