14ª Edición
O pasado 29 de Xullo de 2023, celebramos unha edición nova do Entroido Quente en Maceda, e xa van 14º¡¡¡
Había moita ganas de festa e eso fixose patente xa desde o venres con xente con ganas de troula, e dando todo o sábado durante todo o día e noite participando nas probas, o bo humor reinante, a xente acompañando disfrazada e esquecendo o día a día.
Un ano máis só podemos dar as GRAZAS en maiúsculas por facer do Entroido Quente un día tan especial. En particular queremos agradecer: a hostalaría que colaborou con nós (Umpa/Zagreb, Recuncho, Pincho, Pagas tú, Casa Rosa, Fenda, Cervexería), A.V. de Chaioso, as mestras e mestres paelleros (Rubén, Patxi, Rosa, etc), seguros Helvetia, ao Lolo de Oviedo, amizades que colaboraron na barra, xente das probas do Ralli…..e sobre todo a xente que trouleou durante todo o día/noite en Maceda. Mil grazas.
Ralli do Humor
jm
O terminar o Ralli demos unha volta en plan desfile festivo polas rúas de Maceda acompañados da charanga “BCB” que animaron durante toda a xornada co seu bo facer musical e divertido. Continuamos a festa ata altas horas da madrugada cos concertos gratuítos programados a partir das 24 h. e na compañía de “En Mala Hora”, “Mekánika Rolling Band” e “Brinkadelia Troupe”
A batalla de Galos:
Tamén este ano contamos ca 3ª edición de “Batallas de Gallos” onde houbo unha quenda clasificatoria xa o venres pola noite e o sábado a tarde na sala “Zagreb” e a gran final no escenario principal do entroido Quente as 23 h.
Dous premios dotados con 100 euros o primeiro e 50 euros o segundo.
Concertos
Xa pola noite, a partir das 11 h. a final da batalla de galos e os concertos cobraron o protagonismo do parque, na compañía de “En Mala Hora”, “Mekánika Rolling Band” e “Brinkadelia Troupe”
Camiseta Entroido Quente 2023
Como ben sabedes, a vosa colaboración é fundamental para sacar isto adiante . Aí vos queda a camisola deste ano, que despois de 13 edicións, e debido a inflación, sube a 12 euros. ., e gracias a tod@s os que a comprastedes !!! e a colaboración de todos no bar da festa.
A asociación ” O Cruceiro ” ampliando o entroido e seguindo a tradición no verán recollendo música, bo humor, e festa.
13:00 h. Sesión vermú
17:00 h. 14 edición do Ralli do humor
20:00 h. Pasarrúas coa “Charanga BCB”
23:00 h. Final Batalla de Galos Maceda
24:00 h. Concertos:
“En Mala Hora”
“Mekánika Rolling Band” e
“Brinkadelia Troupe”
Acampada libre nas piscinas Municipais