Entroido Quente 2018

11º edición Entroido Quente

Entroido Quente Maceda 2018
Entroido Quente Maceda 201811º Edición do Entroido Quente

O pasado 21 de Xullo de 2018 celebrouse a 11º edición do Entroido Quente en Maceda que comezou no parque do Toural ás 17h. co chupinazo de saída do popular “Ralli do Humor” cas divertidas probas polas rúas de Maceda, ca participación de 24 equipos: “Yabadabadu”, “Los Dioses”, “Haway”, “Angeles Haway”, “Chicanos e Hervellas”, “Danzarinas”, “Corres ti”, “Bea Santa Tecla”, “Discordia”, Xunqueira I”, “Xunqueira II”, “Eclipse”, “Pis and Love”, Haway Haway”, “Non nos aclaramos”, “Oliver Bensi”, “Tropicana”, “A guapa, o feo, a mala”, “V.G.I.”, “Os Morenos Team”, “Os Unicornios”, “Las panes y miles”, “Tauteam” e “Paula” loitando polo éxito.

Os equipos participantes tiñan que localizar e facer contrarreloxo as probas segundo as pistas que ian recibindo ata completar as oito probas e puntuando en cada unha delas. Ás probas nas que o nexo común era o bo humor foron este ano: “Cabezbolo”, “Boca a boca”, “Bolboreta”, “esvarosqui”, “obstaculos”. “Volando vou”, “Levanta o Pau” e “Pablo Escobilla”. Despois do reconto de puntos os dous equipos de mais puntuación xogaron un divertido partido de futbol no que resultou gañador do Entroido Quente 2018 “Os Morenos Team”.

O terminar o Ralli demos unha volta en plan desfile festivo polas rúas de Maceda acompañados da charanga “BCB” que animaron durante toda a xornada co seu bo facer musical e divertido.

Continuamos a festa ata altas horas da madrugada cos concertos gratuítos programados a partir das 24 h. e na compañía de “Ménage á Trois”, “MFC Chicken”, “Raúl&Cia” e a “Charanga BCB

Camiseta Entroido Quente 2018
Camiseta Entroido Quente 2018

O principal fonte de ingresos e a venda da camiseta do Entroido, e gracias a tod@s os q xa a compraste!!! e a colaboración de todos no bar da festa.

Xa sabedes colaborade e mercar a camiseta 2018

 

 

 

A asociación ” O Cruceiro ” ampliando o entroido e seguindo a tradición no verán recollendo música, bo humor, e festa

.

Entroido Quente en Imaxes

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *